Amosando publicacións coa etiqueta Natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Natureza. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de maio de 2022

VISITA Á CASA GRANDE DE XANCEDA

O venres estivemos na Casa Grande de Xanceda! E canto nos gustou!💚💚💚

Marabilloso lugar onde a súa xente sabe transmitir o amor pola natureza, os animais, o mundo rural e o coidado polo noso planeta. Un día fantástico!!👏👏👏

Aquí vos deixamos un resumo deste día xenial!!😍😍😍


#xanceda @xanceda


mércores, 11 de maio de 2022

MERCADO DE SEMENTES

 Hoxe tivemos a sorte de gozar do MERCADO DE SEMENTES que o alumnado de 4º A e a súa mestra Isa nos tiñan preparado! 

Parabéns pola organización e o bo facer! Encantounos!!!💚💚💚



luns, 21 de marzo de 2022

21 DE MARZO_DÍA DA PRIMAVERA

Hoxe celébrase o día de moitas cousas! O Día da Síndrome de Down, o Día da Árbore, etc, etc,...pero hoxe na aula celebramos dúas cousas moi importantes para nós...a POESÍA e a PRIMAVERA!!👏👏

A primavera empezou de  marabilla!! Sen máscaras no patio do cole!! Mirade como o celebramos!!



Toc-Tina e os seus voluntari@s deixáronnos unhas caixas cargadiñas de fermosa poesía para ler e gozar durante 15 días! Nas aulas xa comezamos a mergullar neses marabillosos libros!!
Agardamos que teñades un fermoso DÍA DA POESÍA! 
Por aquí vos deixamos un resumo do que foi o noso!😉






domingo, 20 de xuño de 2021

EXCURSIÓN A GANDARÍO!

O venres tivemos a sorte de ir de excursión ao Albergue de Gandarío!👏👏👏

Un lugar chulísimo onde gozamos da natureza e dos xogos ao aire libre!🌼🌲🍀🍄

Foi unha xornada estupenda!!😍😍😍





mércores, 2 de xuño de 2021

VISITAMOS O CASTRO DE ELVIÑA!

Hoxe foi un día xenial! Por fin saímos de excursión fóra da escola! E que ben nos sentou!👏👏👏

Visitamos o Castro de Elviña, actividade ofertada polo Concello de A Coruña.

O día non estaba moi bo, pero fomo valentes e arriscámonos a ir a pesar do pronóstico de chuvia! E que ben fixemos! Só choveu ao final de todo e puidemos resgardarnos debaixo dunha figueira! Pasámolo xenial e aprendemos moitísimas cousas sobre este xacemento castrexo da nosa cidade!

Agradecer aos monitores Bea e Alberto que tantos datos nos aportaron e por suposto ao mestre Víctor que nos acompañou encantado!!

Parece que a vida volve pouquiño a pouco á normalidade...benvida sexa!😍



VISITA DE MALIBÚ!❤❤❤

Este luns tivemos a gran sorte de recibir a visita de Malibú! Unha cadeliña que adoptaron na Casa Xanceda e que agora vai ensinando polos coles a importancia do coidado e NON abandono das mascotas.

Foi unha experiencia moi fermosa e enriquecedora!😍😍😍 

Moitísimas grazas a Adriana e a Malibú por ensinarnos tantas cousas importantes!!👏👏👏

Ata outra Malibú!😘



martes, 25 de maio de 2021

OBRADOIRO DE NATUREZA

Hoxe tivemos un día xenial!

Dúas expertas en Educación Medioambiental do Concello de A Coruña viñeron a informarnos sobre o proceso da auga, a flora e a fauna da nosa contorna.

Fixémolo tan ben que nos felicitaron e quedaron encantadas!!!👏😍👏

Que orgullosa estou de tod@s vós!!

Aquí tendes un pequeno vídeo como resumo desta fantástica xornada!!



xoves, 20 de maio de 2021

BUSCANDO ANIMAIS!

Hoxe fixemos unha búsqueda de animais por todo o cole!👀👀👀

En pequenos grupos tiñamos que atopar 15 animais seguindo as pistas! 

Que ben o pasamos e canto aprendemos!! 👏👏👏



Déixovos por aquí un vídeo que nos vale de repaso e ampliación para o tema dos animais.😉







mércores, 5 de maio de 2021

Somos unha clase moi curiosa!

En 2º B somos moi curios@s e iso nótase!!👏👏👏

Encántanos buscar, investigar, preguntar, curiosear,...e iso mola moito!! Porque o saber non ocupa lugar!!

Estes días pasados Hugo e Manuela agasalláronnos con dúas curiosidades ben chulas!! Un cráneo de T-Rex e un paxariño desecado grazas ás que tivemos unhas sesións estupendas que nos axudaron a repasar moitos contidos do tema dos animais!

Aquí vos quedan unhas fotiños!!😉




sábado, 20 de marzo de 2021

Esta semana tivemos visita!

O noso compañeiro Pablo trouxo a uns amigos moi especiais! Aos seus caracois!!👏👏👏

Tivémolos con nós toda a semana e coidamos tan ben deles que chegaron dous e marcharon tres!!

Pablo amosounos o seu terrario e explicounos como coidar ben dos caracois. Aprendemos o que comen, o ambiente que precisan para estar a gusto, como mudan a súa cuncha e ata que son hermafroditas!!

Foi unha experiencia fantástica!!💚💚💚

Moitas grazas Pablo!!😘



venres, 12 de marzo de 2021

Venres!!

Despois dunha semana de chuvia na que case non puidemos saír ao recreo, hoxe saímos a última hora e todo o patio era para nós!!👏👏👏

Bo tempo, aire libre e moita imaxinación!!! Combinación perfecta!!!👌😍👌

Atopamos dinosauros, mamuts, formigas vermellas, douradas e milleiros de tesouros!! 

Que viva natureza!!💚💚💚


domingo, 7 de marzo de 2021

Sementamos!

O Equipo de Voz Natura do cole tróuxonos unhas sementes e puxémonos mans á obra!!😉