Hoxe foi un día xenial! Por fin saímos de excursión fóra da escola! E que ben nos sentou!👏👏👏
Visitamos o Castro de Elviña, actividade ofertada polo Concello de A Coruña.
O día non estaba moi bo, pero fomo valentes e arriscámonos a ir a pesar do pronóstico de chuvia! E que ben fixemos! Só choveu ao final de todo e puidemos resgardarnos debaixo dunha figueira! Pasámolo xenial e aprendemos moitísimas cousas sobre este xacemento castrexo da nosa cidade!
Agradecer aos monitores Bea e Alberto que tantos datos nos aportaron e por suposto ao mestre Víctor que nos acompañou encantado!!
Parece que a vida volve pouquiño a pouco á normalidade...benvida sexa!😍