Amosando publicacións coa etiqueta Axenda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Axenda. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de setembro de 2022

Comezamos este curso poñendo punto e final a este blog que nos mantivo conectados durante estes tres últimos anos e iniciando unha nova aventura en Instagram!

Os enlaces para solicitar ser seguidores da conta (é unha conta privada só para familias e contas oficiais do colexio) son os seguintes: 

Se clicades nas imaxes tamén vos leva directamente aos enlaces.😉

Seguimos conectad@s!

😘😘😘

4º A


4º B



domingo, 4 de setembro de 2022

Benvid@s!

Estamos de volta!👏👏👏

Agardamos que o verán fose estupendamente e que as pilas veñan ben cargadiñas!😉

Deixamos por aquí o cadro de reunións coas familias con datas e horarios para cada nivel. A nosa xuntanza terá lugar nas aulas de 4º o próximo mércores 7 de setembro ás 17:30. 

Por favor, estade atent@s á paxina web do centro, onde se irá poñendo a información máis importante para estes días de comezo de curso.

Comezamos con moitas ganas, ilusión e con "normalidade", así que estamos seguras de que imos ter un curso 22/23 estupendo!!😍😍😍

Moitas ganas de vervos!!

Vero e Ana.😘

Benvid@s!!




luns, 23 de maio de 2022

AXUDAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

Clicando na seguinte imaxe tendes acceso á toda a información sobre o fondo solidario de libros e as axudas para libros de texto e material escolar.
Non deixedes de solicitalo!! Para calquera dúbida chamade ao centro.😉



luns, 21 de marzo de 2022

21 DE MARZO_DÍA DA PRIMAVERA

Hoxe celébrase o día de moitas cousas! O Día da Síndrome de Down, o Día da Árbore, etc, etc,...pero hoxe na aula celebramos dúas cousas moi importantes para nós...a POESÍA e a PRIMAVERA!!👏👏

A primavera empezou de  marabilla!! Sen máscaras no patio do cole!! Mirade como o celebramos!!



Toc-Tina e os seus voluntari@s deixáronnos unhas caixas cargadiñas de fermosa poesía para ler e gozar durante 15 días! Nas aulas xa comezamos a mergullar neses marabillosos libros!!
Agardamos que teñades un fermoso DÍA DA POESÍA! 
Por aquí vos deixamos un resumo do que foi o noso!😉






luns, 28 de febreiro de 2022

SEMANA DE ENTROIDO!

Agardamos que estedes a gozar do Entroido tanto coma nós o fixemos ao longo de toda a semana pasada preparando os nosos disfraces robóticos!🤖🤖🤖

Moitísimas grazas familias por todo o esforzo feito para os marabillosos complementos dos mandadiños e por esas suculentas merendas do venres! Esperamos que vos gustase o desfile e que estedes tan content@s coma nós de volver a compartir estes momentos festivos!!👏👏👏💓💓💓

Por aquí vos deixamos un resumo en imaxes deste Entroido´22!!

Vémonos o xoves!!😘

venres, 18 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022

Por aquí vos deixamos os mandadiños do MECO para este Entroido 2022!

Todo o mundo a robotizarse...pero con corazón!!💗💗💗

Clicade na imaxe para acceder a toda a información!😉




luns, 14 de febreiro de 2022

#14defebreiro

 O AMOR DEBE MOVER O MUNDO!


O 14 de febreiro é o Día do Amor en todas as súas vertentes!💙💚💛💜💗

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do que foi para nós este día na escola!😉



domingo, 6 de febreiro de 2022

VISITAMOS UNHA BIBLIOTECA!

A semana pasada tivemos a sorte de facer unha saída a unha Biblioteca!!👏👏👏

Pero non era a unha Biblioteca calquera! Era a Biblioteca Municipal de Durán Loriga, a primeira desas características en abrir as súas portas na cidade de A Coruña.

Foi unha xornada estupenda! Dende aquí queremos agradecer o bo trato e o ben que nos fixeron sentir as bibliotecarias que nos atenderon, un bravo por elas!!🙌😍🙌

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes!!😉


sábado, 8 de xaneiro de 2022

VOLTAMOS Á ESCOLA!

Ola a tod@s!

Agardamos que este tempo de Nadal servira para descansar, gozar da familia e recargar pilas! Nós temos moitas ganas de vervos a tod@s, así que recordade, o próximo LUNS 10 de xaneiro voltamos á escola!

Apertas de Vero e Ana!😘



domingo, 14 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

Este pasado venres celebramos o MAGOSTO!👏👏👏

O bo tempo e as ganas de festa fixeron que todo fose un éxito!

Cantamos, bailamos, xogamos e comemos castañas ata que nos fartamos!😉

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do que foi a xornada!




mércores, 3 de novembro de 2021

ÚLTIMOS DÍAS PARA O CONCURSO!

 Nen@s!! Recordade que o venres é o último día para entregar os micro-relatos de medo e a ilustración da Toc-Tina terrorífica!!!

Aínda estades a tempo!!!👏👏👏


mércores, 23 de xuño de 2021

BO VERÁN!

Rematou un curso intenso, pero que superamos como SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!!

Agora toca gozar das merecidas vacacións e pasalo moi ben no verán!

A próxima semana colgarei algún xogo para quen lle apeteza visitar de cando vez o blog!

Hoxe despido o curso con esta foto tan fermosa de tod@s xunt@s!

BO VERÁN!!!😘😘😘



martes, 25 de maio de 2021

OBRADOIRO DE NATUREZA

Hoxe tivemos un día xenial!

Dúas expertas en Educación Medioambiental do Concello de A Coruña viñeron a informarnos sobre o proceso da auga, a flora e a fauna da nosa contorna.

Fixémolo tan ben que nos felicitaron e quedaron encantadas!!!👏😍👏

Que orgullosa estou de tod@s vós!!

Aquí tendes un pequeno vídeo como resumo desta fantástica xornada!!



FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Lembrade que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para os libros de texto e material escolar! 

Recordade que en 3º de Educación Primaria xa entrades no programa de Fondo Solidario de Libros.

Clicando na imaxe ides directamente ao enlace da páxina web do colexio onde tendes toda a información necesaria.😉