venres, 24 de xuño de 2022
FELIZ VERÁN!!
luns, 21 de marzo de 2022
IMPORTANTE!!
Aquí vos deixamos o enlace á páxina da Xunta onde fala sobre a non obrigatoriedade da máscara nos patios escolares!! Outro pasiño máis cara a normalidade! Bravooooo!!!!
domingo, 14 de novembro de 2021
MAGOSTO 2021
Este pasado venres celebramos o MAGOSTO!👏👏👏
O bo tempo e as ganas de festa fixeron que todo fose un éxito!
Cantamos, bailamos, xogamos e comemos castañas ata que nos fartamos!😉
Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do que foi a xornada!
mércores, 3 de novembro de 2021
SAMAÍN!
A semana pasada tivemos unha semana terroríficamente intensa!
A celebración do Samaín dou moito de sí! Pasámolo de medo!!
mércores, 2 de xuño de 2021
VISITAMOS O CASTRO DE ELVIÑA!
Hoxe foi un día xenial! Por fin saímos de excursión fóra da escola! E que ben nos sentou!👏👏👏
Visitamos o Castro de Elviña, actividade ofertada polo Concello de A Coruña.
O día non estaba moi bo, pero fomo valentes e arriscámonos a ir a pesar do pronóstico de chuvia! E que ben fixemos! Só choveu ao final de todo e puidemos resgardarnos debaixo dunha figueira! Pasámolo xenial e aprendemos moitísimas cousas sobre este xacemento castrexo da nosa cidade!
Agradecer aos monitores Bea e Alberto que tantos datos nos aportaron e por suposto ao mestre Víctor que nos acompañou encantado!!
Parece que a vida volve pouquiño a pouco á normalidade...benvida sexa!😍
VISITA DE MALIBÚ!❤❤❤
Este luns tivemos a gran sorte de recibir a visita de Malibú! Unha cadeliña que adoptaron na Casa Xanceda e que agora vai ensinando polos coles a importancia do coidado e NON abandono das mascotas.
Foi unha experiencia moi fermosa e enriquecedora!😍😍😍
Moitísimas grazas a Adriana e a Malibú por ensinarnos tantas cousas importantes!!👏👏👏
Ata outra Malibú!😘
martes, 27 de abril de 2021
PRIMEIRO PREMIO!!
domingo, 28 de febreiro de 2021
DÍA DE ROSALÍA
Esta semana pasada estivemos a traballar a figura de Rosalía de Castro.
En todo o colexio, dende os máis pequenos ata os maiores fixeron actividades moi chulas!! Este é un pequeno resumo!!👏👏👏
Estes días subirei todas as actividades que fixemos nós!!!😉
xoves, 3 de decembro de 2020
3 DE DECEMBRO
domingo, 29 de novembro de 2020
25N_NAVEGAR Á IGUALDADE
- AS NENAS E OS NENOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS.
- AS NENAS E NENOS DEBEMOS TER AS MESMAS OPORTUNIDADES.
- NON EXISTEN XOGOS DE NENOS E DE NENAS...TODOS PODEMOS XOGAR A TODO!
- A VIOLENCIA NUNCA É O CAMIÑO!
domingo, 22 de novembro de 2020
#20 N_DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
Encántanos comezar este blog cunha entrada adicada a todos os nenos e nenas do mundo!!
O venres pasado, o 20 de novembro, foi o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA.
Ao longo de toda a semana estivemos a falar, pensar e traballar sobre este tema que tanto nos afecta e importa, chegando a unha fantástica conclusión...o afortunad@s que somos!!!
Para celebralo elaboramos unhas flores que decoramos libremente e onde escribimos 10 dereitos fundamentais de todos os nenos e nenas.
Quedaron así de bonitas!!!