Amosando publicacións coa etiqueta Horto escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Horto escolar. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de abril de 2021

PLANTAMOS NO HORTO!

Onte tivemos un día ben bonito para plantar no noso horto escolar!

O Equipo de Voz Natura preparounos todo xenial para que fósemos plantar na zona reservada para a nosa clase!!👏👏👏

En pequenos grupos plantamos leitugas, acelgas e porros. Remexemos a terra, fixemos burato, metemos a planta, presionamos ben a terra e regamos!! Todo o proceso saiu xenial, agora toca esperar a  que medren!!😉

Cada semana iremos facer unha visita á nosa horta para regala e ver como evoluciona a nosa plantación!!

Aquí vos deixo unhas fotiños de recordo!😘