Hoxe tivemos a sorte de gozar do MERCADO DE SEMENTES que o alumnado de 4º A e a súa mestra Isa nos tiñan preparado!
Parabéns pola organización e o bo facer! Encantounos!!!💚💚💚
Hoxe tivemos a sorte de gozar do MERCADO DE SEMENTES que o alumnado de 4º A e a súa mestra Isa nos tiñan preparado!
Parabéns pola organización e o bo facer! Encantounos!!!💚💚💚
Nas clases de 3º xa estamos aprendendo a dividir!
Ademais dos recursos que tendes na pestana superior de MATEMÁTICAS, deixamos por aquí este vídeo que nos axuda a entender mellor esta nova operación!😉
Dividir mola moito!!👏👏👏
Como este curso xa sabemos moi ben as táboas de multiplicar, imos aprender a facer multiplicacións de 2 cifras! É moi sinxelo se prestades atención!😉
Aquí vos deixamos un vídeo explicando o proceso! Tranquil@s, practicaremos moito na clase!
Moi boas!👋👋👋
Retomamos esta publicación do curso pasado porque parece que hai un pequeno lío á hora de facer as restas con levadas!
Sabemos que hai diferentes métodos e maneiras de facelas, pero nós optamos por esta porque sabemos que así todos podedes axudar na casa!😉
Pero cada un pode facelo como lle resulte máis cómodo!
Por aquí vos deixamos algúns xogos para practicar as táboas de multiplicar de xeito divertido!😉
Hoxe na clase fixemos un "chaveiro" coas táboas de multiplicar para que as poidamos levar a casa e repasalas facilmente!😉
Tamén estivemos xogando con elas na pantalla! 👏👏👏 Aquí vos deixo o enlace directo a estes xogos que son todos gratuitos! Clicade na imaxe e...a multiplicar!!
Esta semana retomamos as restas con levada!!👏👏👏
Aquí vos deixo un pequeno vídeo que explica de maneira moi sinxela como o facemos na clase!!😉
Hoxe déixovos por aquí este divertido xogo para practicar e axilizar o noso cálculo mental!!
Elixide a opción de suma ou de resta e a xogar!!
Xa me contaredes se vos gusta!!😉