Amosando publicacións coa etiqueta Día a día. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día a día. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de xuño de 2022

FELIZ VERÁN!!

O mércores despedimos o curso cun día ben bonito e emotivo! 😍😍😍
Despedimos aos nos@s compañeir@s de 6º e recibimos en Primaria aos nen@s que rematan Infantil!
Aquí vos deixamos un resumo en imaxes desta xornada tan fantástica!!👏👏👏
Que pasedes un bo verán e vémonos en setembro!!
Apertas inmensas de Vero e Ana!!😘😘😘



martes, 21 de xuño de 2022

VACACIÓNS!

A piques de rematar o curso, as titoras de 3º queremos facervos algunha recomendación e darvos algunha idea para este verán!

Ademais do que aquí vos dicimos, a quen lle apeteza, podedes ir á libraría do barrio e elixir un destes libriños de vacacións (hai un montón de opcións!). É importante que o elixan os nen@s, para collelo con ganas!😉

Mañá haberá festa no cole, despediremos o blog coas fotos da celebración!

Vero e Ana😘

VACACIÓNS de Ana Pose

mércores, 11 de maio de 2022

MERCADO DE SEMENTES

 Hoxe tivemos a sorte de gozar do MERCADO DE SEMENTES que o alumnado de 4º A e a súa mestra Isa nos tiñan preparado! 

Parabéns pola organización e o bo facer! Encantounos!!!💚💚💚



luns, 11 de abril de 2022

BOAS VACACIÓNS!

 Ai que abandonadiño temos o blog este curso...mil perdóns!!

Por aquí vos deixamos os "deberes de primavera" que os nen@s levaron o venres pasado para os que non puideron vir. Son sinxelos e divertidos, así que non hai excusa!! Só tendes que clicar na imaxe para acceder a eles!😉

Ao longo destas semanas subiremos o resumo das actividades destes últimos meses e iremos actualizando o material de traballo para a 3ª avaliación.

Agardamos que estedes a gozar das vacacións e que repoñades moitas enerxías para a recta final do curso!!

Vémonos o MARTES 19 DE ABRIL!!!💜💛💚💙💗

Saúdos de Vero e Ana, 😘




luns, 21 de marzo de 2022

21 DE MARZO_DÍA DA PRIMAVERA

Hoxe celébrase o día de moitas cousas! O Día da Síndrome de Down, o Día da Árbore, etc, etc,...pero hoxe na aula celebramos dúas cousas moi importantes para nós...a POESÍA e a PRIMAVERA!!👏👏

A primavera empezou de  marabilla!! Sen máscaras no patio do cole!! Mirade como o celebramos!!



Toc-Tina e os seus voluntari@s deixáronnos unhas caixas cargadiñas de fermosa poesía para ler e gozar durante 15 días! Nas aulas xa comezamos a mergullar neses marabillosos libros!!
Agardamos que teñades un fermoso DÍA DA POESÍA! 
Por aquí vos deixamos un resumo do que foi o noso!😉






IMPORTANTE!!

 



Que boa nova nos trae este luns 21 de marzo! Día da Poesía e comezo da primavera! Non podía comezar mellor!!👏👏👏

Aquí vos deixamos o enlace á páxina da Xunta onde fala sobre a non obrigatoriedade da máscara nos patios escolares!! Outro pasiño máis cara a normalidade! Bravooooo!!!!

luns, 14 de febreiro de 2022

#14defebreiro

 O AMOR DEBE MOVER O MUNDO!


O 14 de febreiro é o Día do Amor en todas as súas vertentes!💙💚💛💜💗

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do que foi para nós este día na escola!😉



martes, 8 de febreiro de 2022

Queremos recordarvos que aínda estades a tempo de enviar o voso chiste en galego ao concurso que propón o noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega!

Se preferides enviárnolo ao correo das titoras non hai ningún problema! Nós reenviamos!!😉

O prazo ampliouse ata o venres 11 de febreiro!! Animádevos!!👏👏👏





luns, 7 de febreiro de 2022

APRENDEMOS A DIVIDIR!

Nas clases de 3º xa estamos aprendendo a dividir!

Ademais dos recursos que tendes na pestana superior de MATEMÁTICAS, deixamos por aquí este vídeo que nos axuda a entender mellor esta nova operación!😉

Dividir mola moito!!👏👏👏



domingo, 30 de xaneiro de 2022

PRIMEIRO MES DO ANO

Ola a tod@s!

Estivemos un pouquiño desconectadas as mestras este mes, pero hoxe deixamos por aquí un resumo das actividades que fixemos ao longo deste mes de xaneiro! 

Comeza ben o 2022!💜💛💚💙



martes, 11 de xaneiro de 2022

AGASALLOS!!!

Hoxe na volta á escola tivemos unha boa sorpresa!!👏👏👏

As aulas estaban cheas de agasallos!! Canta emoción!!😍😍😍



sábado, 4 de decembro de 2021

ÁNIMO!!!

A Covid-19 estanos a dar un pouco a lata este curso, e temos a algúns compañeir@s confinados...

O importante é que todos vos atopades estupendamente e que pronto volveredes á escola!👏👏👏

Tod@s vos botamos moooooooooito de menos e quixemos facervos un pequeno agasallo para animarvos nestes días que tendes que pasar na casiña!

Agardamos que vos guste!!!💓💓💓

Apertas enormes!!😘😘😘



xoves, 2 de decembro de 2021

REPASAMOS UN POUQUIÑO...

Esta semana foi un pouquiño tola para tod@s, así que para os que estades na casa e aproveitando que ven unha ponte na que estaremos na casiña porque fai moito frío, deixámosvos este panel de actividades e xogos para que repasedes e xoguedes un pouco!

Esperamos que vos guste!

Moito ánimo e apertas grandes para tod@s!!!😘😘😘

luns, 29 de novembro de 2021

MULTIPLICAR POR 2 CIFRAS

Como este curso xa sabemos moi ben as táboas de multiplicar,  imos aprender a facer multiplicacións de 2 cifras! É moi sinxelo se prestades atención!😉

Aquí vos deixamos un vídeo explicando o proceso! Tranquil@s, practicaremos moito na clase!


martes, 23 de novembro de 2021

OBRADOIRO DOS 5 SENTIDOS

 A semana pasada tivemos a gran sorte de que Karina, a nosa mestra de prácticas, nos preparase un obradoiro sobre os 5 sentidos.👏👏👏

Foi moi divertido e aprendemos un montón de cousas!! MOITAS GRACIAS KARINA!!!😘😘😘

Aquí vos deixamos un pequeno resumo deste marabilloso obradoiro, onde a creatividade tivo un gran protagonismo!




venres, 5 de novembro de 2021

REPASAMOS AS MULTIPLICACIÓNS!

Por aquí vos deixamos algúns xogos para practicar as táboas de multiplicar de xeito divertido!😉

Premendo na imaxe iredes directamente ao enlace para xogar!

mércores, 3 de novembro de 2021

SAMAÍN!

A semana pasada tivemos unha semana terroríficamente intensa!

A celebración do Samaín dou moito de sí! Pasámolo de medo!!





venres, 8 de outubro de 2021

Clases divertidas!

Xa levábamos un tempiño sen publicar nada...e que nos comezos de curso o tempo pasa voando!!😉

Aquí vos deixamos algunhas fotos das cousas chulas e divertidas que imos facendo!

Aproveitando a actualidade, aprendemos moitísimo sobre volcáns!🌋

E partindo do centro de interese de varios nen@s, curioseamos no mundo das formigas!👏👏👏

O cole mola!!😍😍😍

Recordade que o luns 11 e o martes 12 non hai escola!!! Ata o mércores!!

Gozade do bo tempo!!

venres, 2 de xullo de 2021

FELICES VACACIÓNS!

Como vos prometín, déixovos por aquí algún enlace por se queredes repasar no verán de xeito divertido todo o aprendido este curso!😉


Recórdovos a información que tendes na páxina web do colexio sobre os libros de texto. Clicando na imaxe ides directamente á web do centro.
Por favor, non compredes nada ata setembro!


E ata aquí este curso!! 
Felices vacacións e vémonos en setembro!!








mércores, 23 de xuño de 2021

BO VERÁN!

Rematou un curso intenso, pero que superamos como SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!!

Agora toca gozar das merecidas vacacións e pasalo moi ben no verán!

A próxima semana colgarei algún xogo para quen lle apeteza visitar de cando vez o blog!

Hoxe despido o curso con esta foto tan fermosa de tod@s xunt@s!

BO VERÁN!!!😘😘😘