luns, 11 de abril de 2022

BOAS VACACIÓNS!

 Ai que abandonadiño temos o blog este curso...mil perdóns!!

Por aquí vos deixamos os "deberes de primavera" que os nen@s levaron o venres pasado para os que non puideron vir. Son sinxelos e divertidos, así que non hai excusa!! Só tendes que clicar na imaxe para acceder a eles!😉

Ao longo destas semanas subiremos o resumo das actividades destes últimos meses e iremos actualizando o material de traballo para a 3ª avaliación.

Agardamos que estedes a gozar das vacacións e que repoñades moitas enerxías para a recta final do curso!!

Vémonos o MARTES 19 DE ABRIL!!!💜💛💚💙💗

Saúdos de Vero e Ana, 😘




Ningún comentario:

Publicar un comentario