CONEXIÓN SALGADO
Sempre conectad@s...
martes, 17 de maio de 2022
#17 DE MAIO_DÍA DAS LETRAS GALEGAS
mércores, 11 de maio de 2022
MERCADO DE SEMENTES
Hoxe tivemos a sorte de gozar do MERCADO DE SEMENTES que o alumnado de 4º A e a súa mestra Isa nos tiñan preparado!
Parabéns pola organización e o bo facer! Encantounos!!!💚💚💚
venres, 6 de maio de 2022
VISITAMOS A TORRE DE HÉRCULES!
luns, 11 de abril de 2022
BOAS VACACIÓNS!
Ai que abandonadiño temos o blog este curso...mil perdóns!!
Por aquí vos deixamos os "deberes de primavera" que os nen@s levaron o venres pasado para os que non puideron vir. Son sinxelos e divertidos, así que non hai excusa!! Só tendes que clicar na imaxe para acceder a eles!😉
Ao longo destas semanas subiremos o resumo das actividades destes últimos meses e iremos actualizando o material de traballo para a 3ª avaliación.
Agardamos que estedes a gozar das vacacións e que repoñades moitas enerxías para a recta final do curso!!
Vémonos o MARTES 19 DE ABRIL!!!💜💛💚💙💗
Saúdos de Vero e Ana, 😘
luns, 21 de marzo de 2022
21 DE MARZO_DÍA DA PRIMAVERA
Hoxe celébrase o día de moitas cousas! O Día da Síndrome de Down, o Día da Árbore, etc, etc,...pero hoxe na aula celebramos dúas cousas moi importantes para nós...a POESÍA e a PRIMAVERA!!👏👏
A primavera empezou de marabilla!! Sen máscaras no patio do cole!! Mirade como o celebramos!!
IMPORTANTE!!
Aquí vos deixamos o enlace á páxina da Xunta onde fala sobre a non obrigatoriedade da máscara nos patios escolares!! Outro pasiño máis cara a normalidade! Bravooooo!!!!
luns, 28 de febreiro de 2022
SEMANA DE ENTROIDO!
Agardamos que estedes a gozar do Entroido tanto coma nós o fixemos ao longo de toda a semana pasada preparando os nosos disfraces robóticos!🤖🤖🤖
Moitísimas grazas familias por todo o esforzo feito para os marabillosos complementos dos mandadiños e por esas suculentas merendas do venres! Esperamos que vos gustase o desfile e que estedes tan content@s coma nós de volver a compartir estes momentos festivos!!👏👏👏💓💓💓
Por aquí vos deixamos un resumo en imaxes deste Entroido´22!!
Vémonos o xoves!!😘