mércores, 2 de xuño de 2021

VISITAMOS O CASTRO DE ELVIÑA!

Hoxe foi un día xenial! Por fin saímos de excursión fóra da escola! E que ben nos sentou!👏👏👏

Visitamos o Castro de Elviña, actividade ofertada polo Concello de A Coruña.

O día non estaba moi bo, pero fomo valentes e arriscámonos a ir a pesar do pronóstico de chuvia! E que ben fixemos! Só choveu ao final de todo e puidemos resgardarnos debaixo dunha figueira! Pasámolo xenial e aprendemos moitísimas cousas sobre este xacemento castrexo da nosa cidade!

Agradecer aos monitores Bea e Alberto que tantos datos nos aportaron e por suposto ao mestre Víctor que nos acompañou encantado!!

Parece que a vida volve pouquiño a pouco á normalidade...benvida sexa!😍



4 comentarios:

  1. Que alegría por esta volta á normalidade!!! Merecedes rematar este curso con un bo "sabor de boca"! E as pingas de auga seguro que fixeron a visita aínda máis divertida!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois a verdade é que a auga non molestou nadiña! Foi unha excursión estupenda e na que o pasamos moi ben!🤩😊
      E si que merecen un bo final, porque o fixeron xenial durante todo o curso!👏👏👏

      Eliminar
  2. Las visitas culturales ayudan a conocer más geografía e historia que cualquier libro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois é certo! Todas as experiencias vividas axudan e enriquecen enormemente todo o aprendido nos libros! Un saúdo!😉

      Eliminar