sábado, 20 de marzo de 2021

Esta semana tivemos visita!

O noso compañeiro Pablo trouxo a uns amigos moi especiais! Aos seus caracois!!👏👏👏

Tivémolos con nós toda a semana e coidamos tan ben deles que chegaron dous e marcharon tres!!

Pablo amosounos o seu terrario e explicounos como coidar ben dos caracois. Aprendemos o que comen, o ambiente que precisan para estar a gusto, como mudan a súa cuncha e ata que son hermafroditas!!

Foi unha experiencia fantástica!!💚💚💚

Moitas grazas Pablo!!😘



Ningún comentario:

Publicar un comentario