luns, 19 de abril de 2021

UNHA SEMANA CHEA DE CONTOS!

 O vindeiro 23 de abril celebramos o Día do Libro, e dende a Biblioteca de Toc-Tina nos propoñen esta actividade tan chula! Cada día nos van a poñer no colexio o comezo dun conto clásico. Son uns audios que son verdadeiras xoias, xa que están sacados da Biblioteca Nacional Virtual e era a maneira na que os nosos avós e avoas escoitaban estas historias fantásticas.

O traballo que faremos esta semana na clase consiste en continuar e buscarlle un final a cada un deses audios. Farémolo en pequenos grupos, pero dende a casa traerán ideas para non partir de cero. Aquí vos deixo os audios para que os poidan escoitar con calma.

Os deberes de hoxe corresponden ao audio 2:


Ademais desta actividade tamén estamos facendo recomendacións lectoras para a MARATÓN DE BOOKTUBERS que fan dende a Biblioteca. Sería xenial se tamén vos animásedes vós como familia a recomendarnos algún libro que vos guste!! Os vídeos deben ser en horizontal e non durar máis de 2 min! Podedes envialos a:

biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com


Cando remate a semana subiremos os resultados dos nosos traballos que seguro serán estupendos!!!👏👏👏

Ningún comentario:

Publicar un comentario